Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 26 de Novembro de 2021 ]
 



25N Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

[EspazoCoop participa na Campaña de Coceta #Cooperativas25N "Mulleres cooperativistas. Mulleres apoderadas"]. Un Manifesto elaborado de maneira cooperativa pola Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado - COCETA - e a súa rede territorial de organizacións: ACEL, ANEL, ASESCAN, ASATA, COOPERAMA, CLAMCOOP, Unión de Cooperativas Galegas ESPAZOCOOP, FAECTA, FEVECTA, FCTC, KONFEKOOP, OWEN, UCOMUR, UCETA e UCTAIB. Para as cooperativas de traballo asociado, a igualdade real entre mulleres e homes e a loita contra toda forma de violencia que se exerce sobre as mulleres é un obxectivo irrenunciable. Ler máis




Culturgal 2021 | Stand da Economía Social de Galicia

[Do 26 ao 28 de Novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra] Esta fin de semana celébrase a 14ª edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia, o evento anual máis relevante para a promoción do sector cultural galego. Contará cun Stand da Economía Social e unha Programación de seu, para promocionar ás 10 cooperativas e ás 2 sociedades laborais do sector cultural que estarán presentes nesta edición 2021. Unha boa oportunidade para coñecer os seus traballos e proxectos no posto 113-114 do recinto da Feira. O stand está promovido pola Xunta de Galicia.
Ler máis





Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil, 10ª edición

[Venres 26 de Novembro, Sectorial de Ensino - EspazoCoop] A Unión de Cooperativas EspazoCoop colabora na organización do décimo "Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil", impulsado pola cooperativa de ensino Colexio Alborada de Vigo e o Institut el Cairat de Barcelona. Dende o Hotel Coia de Vigo e pode seguirse pola Canle de Youtube de 10 a 14 h. e de 16 a 19 h. (fai click). No Foro serán presentados 28 Traballos de Investigación de 97 alumnas e alumnos de 10 centros de Galicia e Cataluña. Ler máis



 

Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO