Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 3 de Setembro de 2021 ]
 


Bono Consolida Economía Social

Publicadas as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación de cooperativas e outras entidades de economía social de Galicia “Bono Consolida Economía Social”, nas anualidades 2021-2022. 
Prazo de solicitude: 30/09/21. Ler máis


 




Recuperación de negocios en crise e sen remuda xeracional

Axudas por transformarse en cooperativas ou noutras fórmulas de economía social. Cal é o obxeto destas subvencións? apoiar a recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional mediante fórmulas de economía social, destinadas a impulsar a actividade económica e a remediar a grave perturbación que provocou a COVID-19 na economía galega. Prazo de solicitude: 30/09/21. Ler máis

 

 

FestiCoop 2021

Sábado 4 de Setembro de 11 h. a 20 h. | FestiCoop -a Feira das Cooperativas- é un evento realizado dentro da 39 edición de Festiletras na aldea do Couto en Ponteceso. FestiCoop está impulsado pola Fundación Eduardo Pondal, entidade coa que EspazoCoop asinou recentemente un convenio de colaboración. Participará un grupo de cooperativas socias da Unión, entre outras, e EspazoCoop imparte unha charla sobre cooperativismo. Ler máis

 




Acciones formativas EspazozoCoop [ Setembro ]

A programación formativa da Unión de Cooperativas para o mes de Setembro conta con varios obradoiros gratuítos en modalidades presencial e tele-formación:

  • Emprendendo en cooperativa | Dentro do Programa Colectivos “A Solución é Cooperativa” |  Presencial (Porto do Son) | 20 h. | Inicio 6 de setembro.
  • Formación comercial: coopera, comunica e vende | Teleformación | 20 h. | Inicio 13 de setembro.
  • Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas | Dentro do Programa Colectivos “A Solución é Cooperativa” | Presencial (Porto do Son) | 20 h. | Inicio 21 de setembro.
  • Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas | Dentro do Programa “Muller a Cooperativa é para Ti” | Presencial (Sada)  | 20 h. | Inicio 20 de setembro. Ler máis

 




[Curso] Organizacións Transformadoras
Unha mirada dende a facilitación e xestión de grupos


Do 14 ao 28 de Setembro, tele-formación. Inscrición aberta | Organizamos este curso de formación especializada co que poderedes mellorar os Procesos de Traballo na vosa cooperativa ou empresa de economía social, acadaredes maior eficiencia na consecución dos resultados e no benestar das persoas: facilitación de grupos e equipos, novos liderados, e xestión do conflito, serán as temáticas da acción.  Contaremos con docencia experimentada, da man de Rexenerando s. coop. galega. Ler máis

 




Lanza as túas ideas. Campaña Bono Consolida
[de Ben Curiosa e Coma]


Publicouse no DOG a convocatoria de axudas Bono Consolida Economía Social, con tal motivo informamos da Campaña conxunta das cooperativas Coma Comunicación e Ben Curiosa, que vos ofrecen ás cooperativas e empresas do sector da economía social unha serie de servizos, vinculados coas áreas que subvenciona o Bono Consolida. Aproveita as liñas de apoio da Xunta para a economía social. Ler máis

 




Oferta de Traballo en Cerne s. coop. galega

A asesoría Cerne, lanza unha oferta de emprego para cubrir un posto na área da Contabilidade e Fiscalidade.  Ler máis



 


Tagen Ata lanza cursos en liña para o emprendemento

A nosa socia Tagen Ata vai a impartir a programación formativa en liña sobre emprendemento do Concello de Narón. Os cursos son gratuítos e a inscrición está aberta. Inicio dos cursos: 7 de Setembro. Ler máis


 


Impulsade a vosa entidade de economía social [Bono consolida]

Un grupo de 13 cooperativas -socias de EspazoCoop– ofrecen un paquete de servizos deseñado á vosa medida en áreas que subvenciona a convocatoria: 
Estratexia - Sostibilidade -Transformación Dixital -Marketing e comunicación -Proxectos europeos - Ferramentas de xestión
 .
Aproveita as axudas do Bono Consolida, ata o 30 de setembro esta aberto o prazo para solicitar os bonos. Ler máis


 


Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis



 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO