Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
|
|
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
[ 21 de Xaneiro de 2022 ]
Curso "ODS da Estratexia ao Impacto"
[ teleformación do 7 ao 21 de febreiro 2022 ]
Animámoste a participar en "ODS da Estratexia o Impacto" !
Cada vez son máis as organizacións que están auditando a súa situación con respecto aos Obxetivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) para sentar as bases da Axenda 2030. Aquelas máis comprometidas e máis sensibilizadas con esta necesidade internacional serán as mellor posicionadas para levar a cabo melloras necesarias no modelo de xestión e nas infraestruturas actuais.
Contar cun plan de acción en ODS na vosa cooperativa ou empresa de economía social ten VANTAXES: contribúe á mellora da reputación, ao aforro de custos, incrementa a confianza da túa clientela, aumenta posibilidades de acceder a Contratos Públicos ou a novos mercados, contribúe a xerar novas alianzas con novos actores...
Esta formación que ofrece EspazoCoop propiciará que as participantes analicen como están contribuíndo ou como poden contribuír aos ODS da Axenda 2030, apostando polo seu impulso e implementación na organización. Ler máis
O cooperativismo e a economía social galega creceron en 2021
EspazoCoop asistiu ao primeiro Consello da Economía Social de Galicia de 2022 celebrado o 14 de xaneiro, nel presentáronse as cifras da creación de cooperativas, e doutras fórmulas de economía social da comunidade, que amosan un novo crecemento en 2021. As asociacións de cooperativas e entidades da Rede Eusumo, entre outras, contribuímos ano a ano coa nosa actividade a estos datos positivos. Das 174 empresas creadas, 135 son cooperativas. Ler máis
As cooperativas poden candidatarse aos Premios á Cooperación 2022
Dende a Consellería de Emprego e Igualdade convócanse os Premios á Cooperación 2022. Finalidade: Fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os/as cooperativistas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma Galega. Poderán optar a estes premios: As cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo en Galicia. Prazo: 29 Abril 2022. Ler máis
Subvencións a cooperativas | Programa Aprol 2022
Convocáronse as subvencións 2022 para fomento do emprendemento en economía social: ‘Programa Aprol Economía Social’. Estas axudas están destinadas ás cooperativas (entre outras beneficiarias).Finalidade: Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais. Para elo establecéronse dous Programas de axudas:
- Programa I: Fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais.
- Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia. Ler máis
Certame Cooperativismo no Ensino 2022
A Consellería de Emprego e Igualdade convoca este certame que está dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, co obxeto de impulsar e promover actividades de fomento do cooperativismo. Poderán presentar os traballos, para o fomento do cooperativismo, nas seguintes modalidades:
- Para alumnado de infantil, e primaria: Modalidade actividades artísticas.
- Para alumnado de educación secundaria obrigatoria: Modalidade de actividades cooperativizada.
- Para alumnado e profesorado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial: Modalidade de proxectos empresariais cooperativos.
Animamos ás Cooperativas de Ensino de EspazoCoop a participar! Prazo: 29 de Abril de 2022. Ler máis
Vídeo: Lémbrate Unidade de Memoria s. coop. galega
Na Campaña de divulgación de casos de cooperativas do Concello da Coruña a través do audiovisual hoxe mostramos á cooperativa Lémbrate Unidade de Memoria. Falan en primeira persoa as protagonistas, as socias, presentan o seu proxecto profesional e nos contan por que elixiron o modelo cooperativo.
Esta iniciativa está dentro dun convenio de colaboración para o fomento do cooperativismo e a economía social co Concello da Coruña.
Vídeo LÉMBRATE s. coop. galega, neste enlace
Enquisa Reto Demográfico
Cooperativas vs España "despoboada"
Dende Coceta chéganos unha petición para cumprimentar unha enquisa: A despoboación no estado é unha realidade. As cooperativas temos o compromiso de afrontar o Reto Demográfico en territorios con menor poboación. A través dunha breve enquisa tratan de detectar as necesidades e oportunidades específicas que axuden á implementación e consolidación do noso modelo empresarial cooperativo no ámbito da España "despoboada". Enquisa neste enlace
Asóciate!
Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149
|
|