Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 29 de Outubro de 2021 ]
 


Publicada a convocatoria do "4º Plan de Rescate"

Publicouse a convocatoria de Axudas do 4º Plan de Rescate de persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas afectadas pola covid-19. Novidade! Compensación de custos fixos. Infografía informativa aquí. Convoca: Consellería de Emprego e Igualdade. Prazo: 29 de Novembro de 2021. Ler máis




Asemblea Xeral Extraordinaria de EspazoCoop

Mércores 3 de Novembro, ás 16 h. Santiago | Convocamos a tódalas cooperativas socias á Asemblea que celebramos o día 3 de novembro en horario de tarde, coa finalidade de presentar e aprobar o Plan Estratéxico 2022-2025, e de incorporar a visión e as propostas das cooperativas socias na definición do Plan Operativo Anual 2022 da Unión. Estaremos encantadas/os de recibir ás socias en persoa!. Ler máis




"As Cooperativas, motor dunha Recuperación máis Social, Sostible e Participativa"

Xoves 4 de Novembro - Santiago | As organizacións do movemento cooperativo galego, a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias e a Unión de Cooperativas EspazoCoop celebran un acto para dar visibilidade ao cooperativismo galego, que contará coa participación de representantes do sector cooperativo estatal e da administración europea e galega.
Presentarase a 'Declaración de Santiago de Compostela 2021' que ademais de realizar unha posta en valor do modelo cooperativo, será unha declaración de principios, compromisos e demandas. A cita, a partir das 13 h. no Museo do Pobo Galego. Ler máis

 




Curso: "ODS: da estratexia ao impacto"

Inicio 8 de Novembro | A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza unha formación sobre os ‘ODS'. ¿Queres identificar, estructurar, amplificar e comunicar o impacto social, económico e ambiental da túa entidade? Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) constitúen unha guía que permite ás empresas e ás cooperativas identificar o seu impacto e adquirir un compromiso de cara un desenvolvemento sostible, xusto e compartido. Da man de persoas expertas, casos prácticos e contido actualizado, no curso aprenderemos a integrar os ODS na estratexia de negocio. Ler máis

  




Xornada "As Cooperativas de Ensino e o seu papel na Axenda 2030"
 

15 de Novembro, en Madrid e tamén en modalidade Online | Sectorial de Ensino - EspazoCoop | A Unión española de cooperativas de ensino (UECoE) organiza esta xornada co obxetivo de difundir a Axenda 2030, sensibilizar e concienciar sobre os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) dende a perspectiva das Cooperativas de Ensino, tamén coñecer experiencias e boas prácticas que se veñen desenvolvendo nos centros. Consulta o Programa aquí. Inscrición neste enlace ata o 10 de novembro.
Actividade no marco do Convenio de colaboración en materia de Formación Permanente do Profesorado entre o Ministerio de Educación y Formación Profesional e UECoE 2021.





[Novembro] Formación Online sobre empresas cooperativas

EspazoCoop imparte dous cursos online en Novembro, no marco de programas de colaboración con concellos de Galicia: 
- "Desenvolvendo a idea cooperativa". 20 horas. Inicio 15 de Novembro (en colaboración co Concello de Santiago de Compostela). Ler máis
- "Crea e constitúe a túa cooperativa paso a paso". 40 horas. Inicio 22 de Novembro (en colaboración co Concello da Coruña). Ler máis




[Aventeira, s. coop. galega] Campaña de micromecenado para elaborar un xogo de mesa 

A  nosa socia, a cooperativa Aventeira, ten aberta unha campaña en Verkami co fin de conseguir financiamento para a elaboración do Xogo de Mesa 'Campa'. Aventeira, amantes da educación no tempo libre queren poñer en marcha un proxecto lúdico, para persoas mozas e adultas, cun xogo de mesa que contribúa a cubrir un baleiro editorial galego. Ler máis 


 


Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO