Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 15 de Outubro de 2021 ]
 


Formación online sobre empresas cooperativas
[Programa `Economía social A Coruña´]


Inicio luns 25 Outubro! | A Unión de Cooperativas EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña están desenvolvendo un programa de promoción do cooperativismo e da economía social. Está composto de varias actividades e servizos, entre eles un Itinerario Formativo Online GRATUÍTO con dous cursos:
"Como poñer en marcha o meu proxecto cooperativo" | 40 h. | Inicio 25 de outubro.
- "Crea e constitúe a túa cooperativa paso a paso" | 40 h. | Inicio 22 de novembro. Ler máis





Xornada Economía Social | CES Galicia

Luns 18 de Outubro - Cidade da Cultura, Santiago de Compostela | O Consello Económico e Social organiza unha xornada sobre a situación actual e o futuro da economía social en Galicia. Empresas, entidades, asociacións, administración e axentes sociais compartirán as súas experiencias sobre o modelo económico. Entre máis dunha ducia de expertas, participarán por EspazoCoop a súa presidenta, Ana Olveira, e a representante no CES, Mar Pernas.
A asistencia é libre e aberta, tamén poderá seguirse a través de Youtube
Ler máis


 




Presentación de SAVES
[Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social]

O martes 26 de Outubro, Vigo | A Universidade de Vigo e Ecobas presentan SAVES 'A ferramenta dixital máis innovadora para o cooperativismo galego'. SAVES é unha aplicación desnvolvida por Ecobas, agrupación estratéxica de investigadoras/es das tres universidades galegas. A aplicación irá proporcionando información vía web sobre a situación e evolución recente do Movemento Cooperativo en Galiza, así como do perfil económico-financeiro das cooperativas galegas, con potencial de expansión futura a todas as entidades da economía social.
A presentación será ás 12 h. na Escola Universitaria de Estudios Empresariais. Ler máis

  




"ODS: da estratexia ao impacto"
[Curso de formación especializada]


Inicio 8 de Novembro | A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta un novo módulo formativo dentro do Programa Especializado de Formación Xerencial sobre ‘ODS'. Se buscas coñecer que son os OBXETIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE -ODS-, aplicalos e integralos nos procesos da túa cooperativa ou empresa de economía social esta formación é para ti. Ler máis

  



 

Tele-formación para impulsar un ecosistema emprendedor na economía social [Concello de Santiago de Compostela]

EspazoCoop en colaboración co Concello de Santiago de Compostela ofrece un programa de tele-formación GRATUÍTA. A inscrición continúa aberta para algúns cursos do itinerario que capacitan dende a iniciación cooperativa ata o prototipado dun proxecto cooperativo:
- "Emprendendo en cooperativa". Inicio 27 de outubro. 20 h.
- "Desenvolvendo a idea cooperativa". Inicio 15 de novembro. 20 h. Ler máis

 



Xornadas Online | Acelera a transformación dixital 

Dende a Oficina Acelera Peme do Instituto Tecnolóxico de Galicia, coa que a Unión de Cooperativas ten un convenio de colaboración, convidan ás cooperativas socias de EspazoCoop ás Xornadas Formativas para pemes e autómonas/os os días 26 e 27 de Outubro, sobre Sistemas de Xestión Empresarial; Dixitalización de postos de traballo; e Tendas on-line. 
Ler máis

 




Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO