Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 10 de Decembro de 2021 ]
 


Contratación Pública Responsable

Xornada Online organizada por REAS o 14 de Decembro de 12 a 14 h. | "Oportunidades e Retos actuais:Converxencias entre a Economía Social e Solidaria e as Administracións". Para dar a coñecer a nova web, unha ferramenta que ten como obxetivo facilitar a incorporación de cláusulas sociais nos pregos de compra e contratación pública das administracións. Ademais, terá lugar unha charla sobre a Lei de Contratos do Sector Público e o seu percorrido nos últimos catro anos dende a súa aprobación así como una mesa redonda sobre retos e oportunidades actuais Ler máis

 




Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: da Estratexia ao Impacto

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza unha tele-formación sobre os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que constitúen unha guía que permite ás empresas e ás cooperativas identificar o seu impacto e adquirir un compromiso para un desenvolvemento sostible, xusto e compartido. O curso será impartido por persoas expertas na materia, Alén s. coop. galega, con casos prácticos e contido actualizado, aprenderás a integrar os ODS na estratexia do teu negocio.
¿Queres identificar, estruturar e comunicar o impacto social, económico e ambiental?, unha formación especialmente destinada a persoas con responsabilidades na área xerencial, cunha duración de 15 horas online, do 7 ao 22 de Febreiro de 2022. *Anticípate! Reserva a túa praza*.
Ler máis





Impulsa o teu proxecto con estes talleres de Crowfunding

14 e 16 de Decembro - En liña |  Cada vez máis proxectos priorizan a satisfacción das necesidades das persoas por riba do lucro. En Goteo a súa misión é acompañar e impulsar iniciativas colectivas que poñan a vida no centro. Ofrecen 2 Talleres online abertos a entidades e cooperativas que buscan financiarse a través do crowdfunding:
- Claves para o éxito do crowdfunding do teu proxecto de Economía Social e Solidaria.
- Ferramentas e estratexias para a comunicación do teu crowdfunding de Economía Social e Solidaria. Ler máis


 




Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO