Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 3 de Decembro de 2021 ]
 


O CES entrega ao Parlamento unha Declaración institucional de apoio á economía social de Galicia

O Consello Económico e Social de Galicia e o Foro pola Economía Social Galega reclamaron esta semana no Parlamento apoio ao sector da economía social, aumentar a súa visibilidade e o seu recoñecemento. O mapa da economía social en Galicia está conformado por máis de 7.300 entidades e empresas (Declaración). Ler máis

 




Novas Cooperativas Socias

Presentamos novas socias de EspazoCoop. Deixamos a súa referencia para coñecelas, que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para outras relacións profesionais. Son as cooperativas:
Navigation Electronics Galicia - Espaço Vivo - Ditea Coruña - Increscendo Colectivo - Teima Labrega - Bedo Creativos - Lápiz y Papel - Ribeiráns - Afeito - Ap Bar - Mareira Bizi - Colaxe. 
Ler máis


 




Impulsa o teu proxecto con estes talleres de Crowfunding

14 e 16 de Decembro - En liña |  Cada vez máis proxectos priorizan a satisfacción das necesidades das persoas por riba do lucro. En Goteo a súa misión é acompañar e impulsar iniciativas colectivas que poñan a vida no centro. Ofrecen 2 Talleres online abertos a entidades e cooperativas que buscan financiarse a través do crowdfunding:
- Claves para o éxito do crowdfunding do teu proxecto de Economía Social e Solidaria.
- Ferramentas e estratexias para a comunicación do teu crowdfunding de Economía Social e Solidaria. Ler máis


 




Súmate á Campaña "As Cooperativas de Ensino con La Palma"

A Unión Española de Cooperativas de Ensino (UECoE) e as Cooperativas de Ensino, lanza unha campaña solidaria de doación, ante a dramática situación social e económica derivada da erupción volcánica en La Palma, comparten a súa preocupación e únense á solidariedade que recorre o país. Trátase dun proxecto de axuda e colaboración coa poboación palmeira estudiantil en situación de vulnerabilidade, cuxo receptor será o Cabildo insular de La Palma. Ler máis

 




Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO