Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 17 de Decembro de 2021 ]
 



O Parlamento de Galicia mostra o seu apoio á Economía Social

O Parlamento galego aprobou esta semana por unanimidade a Declaración de apoio á economía social da nosa comunidade, presentada polo CES Galicia e o Foro pola Economía Social Galega, agora o Pleno do Parlamento faina súa. "A economía social é un actor fundamental na sociedade actual que achega formas organizativas que introducen un conxunto de principios, valores e obxectivos comúns". Ler máis


 


5ª edición, Premio "Fomento do Emprendemento Cooperativo na Escola"

Aberta a convocatoria! ao certame dirixido ao alumnado de 3º e 4º de educación secundaria e formación profesional que estén cursando os seus estudios en cooperativas de ensino, premio no marco do acordo de colaboración asinado entre o Grupo Cooperatio Gajamar e a Unión Española de Cooperativas de Ensino. As Escolas Cooperativas poden inscribirse ao Premio ata o 31 de xaneiro de 2022 (posteriormente, ata o 16 de maio poderanse enviar os Proxectos). Ler máis




Faite o tESS e Consume Dentro

Arrancou a nova Campaña de REAS e dos Mercados Sociais para este nadal. Lémbrannos a importancia de facer un consumo responsable, e de realizar as nosas compras dentro das entidades e empresas da Economía Solidaria, que tamén está integrada por numerosas cooperativas e por outras organizacións que se espallan por todo o territorio estatal e galego.
Ler máis


 


Vídeo do Acto de presentación de SAVES

Xa está publicado o Vídeo do Acto de presentación de SAVES, unha ferramenta de asistencia virtual para a Economía Social e o Cooperativismo galego. A través da Televisión da Universidade de Vigo (TV UVigo) poderás coñecer a aplicación desenvolvida por Ecobas que proporciona información sobre a situación do movemento cooperativo en Galicia.
A presentación celebrouse o pasado 26 de outubro na Escola Universitaria de Estudios Empresarais de Vigo. Ler máis.



 

Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO