Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 17 de Setembro de 2021 ]
 


Economía Social A Coruña 2021

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello da Coruña un ano máis están desenvolvendo un convenio de colaboración para realizar un programa de apoio ao cooperativismo e a economía social que se extenderá ata finais deste ano.
Consta de tres liñas de intervención:
- "EspazoCoop Acompaña": Asesoramento tanto a cooperativas como a proxectos pre-cooperativos.
-  Tele-formación: Itinerario con dous cursos, inicio 25 de outubro.
-  Divulgación: Vídeos de casos cooperativos da Coruña. Ler máis


 




Aceleradora #Impulsocooperativo
[ Encontros ] 

Luns 20 de setembro de 12 a 14 horas, online | No marco da Aceleradora da Unión de Cooperativas EspazoCoop #impulsocooperativo, celebramos un Encontro de intercooperación, intercambio e aprendizaxe, online, aberto ás cooperativas participantes do programa.
Coa Aceleradora buscamos impulsar o crecemento de cooperativas de recente creación.

Ler máis


 



 

Programa de Teleformación da Unión en colaboración co Concello de Santiago de Compostela

O programa que ofrece EspazoCoop consta de catro cursos online, o primeiro deles destinado a profesionais do emprendemento e a creación de empresas de cara a que se acrediten como axentes formados en cooperativismo e economía social e podan usar os coñecementos no seu día a día. Os tres seguintes destinados á cidadanía interesada en xeral, son un itinerario que capacita dende a iniciación cooperativa ata o prototipado dun proxecto cooperativo.

- Impulsando un sistema emprendedor no cooperativismo e a economía social. Inicio 4 de outubro. 40 h.
- Habilidades para o traballo en cooperativa. Inicio 11 de outubro. 20 h.
- Emprendendo en cooperativa. Inicio 27 de outubro. 20 h.
- Desenvolvendo a idea cooperativa. Inicio 15 de novembro. 20 h. Ler máis

 




Bono Consolida Economía Social

Lembra! Subvencións para o apoio á consolidación de cooperativas e outras entidades de economía social de Galicia “Bono Consolida Economía Social”, nas anualidades 2021-2022. 
Prazo de solicitude: 30 de Setembro de 2021. Ler máis


 




Acciones formativas EspazozoCoop [ Setembro ]

A programación formativa da Unión de Cooperativas no marco da Rede Eusumo para o mes de Setembro aínda ten os procesos de inscrición abertos, conta con seguintes obradoiros gratuítos en modalidade presencial:

Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas | Dentro do Programa Colectivos “A Solución é Cooperativa” | Presencial (Porto do Son) | 20 h. | Inicio 21 de setembro.
Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas | Dentro do Programa “Muller a Cooperativa é para Ti” | Presencial (Sada)  | 20 h. | Inicio 20 de setembro. Ler máis

 




Escola das Economías Transformadoras

16, 17 e 18 de Setembro | En Streming! na canle de youtube da Mostra do Posible | A Escola das Economías Transformadoras pretende achegar o coñecemento académico e o proporcionado polas experiencias prácticas que son ferramentas de transformación social. Ler máis

 


Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO