Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 22 de Outubro de 2021 ]
 


Asemblea Xeral Extraordinaria
[3 de Novembro - Santiago de Compostela]


Convocamos a tódalas cooperativas socias á Asemblea que celebramos o día 3 de novembro en horario de tarde, co obxetivo de presentar e aprobar o Plan Estratéxico 2022-2025, e de incorporar a visión e as propostas das cooperativas socias na definición do Plan Operativo Anual 2022 da Unión. Estaremos encantadas/os de recibir ás socias en persoa!. Ler máis




"As cooperativas, motor dunha recuperación máis social, sostible e participativa"

Xoves 4 de Novembro - Santiago de Compostela | As organizacións máis representativas do movemento cooperativo galego, a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias e a Unión de Cooperativas EspazoCoop celebran un acto de visibilizacion do cooperativismo, que contará coa participación de representantes do sector cooperativo estatal e da administración europea e galega. Presentarase a 'Declaración de Santiago de Compostela 2021' que ademais de realizar unha posta en valor do cooperativismo identificará demandas do cooperativismo. Será a partir das 13 h. no Museo do Pobo Galego. Ler máis

 




"ODS: da estratexia ao impacto"
[Módulo formativo do programa de formación xerencial]


Inicio 8 de Novembro | A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza un novo módulo formativo do Programa Especializado de Formación Xerencial, nesta ocasión sobre os ‘ODS'.

¿Queres identificar, estructurar, amplificar e comunicar o impacto social, económico e ambiental da túa entidade? Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) constitúen unha guía que permite ás empresas identificar o seu impacto e adquirir un compromiso de cara un desenvolvemento sustentable, xusto e compartido.
 
Da man de persoas expertas, casos prácticos e contido actualizado, no curso "ODS: da estratexia ao impacto", entenderemos os ODS como factor de competitividade e aprenderemos a integralos na estratexia de negocio dun xeito práctico de modo que, ó rematar o curso, as persoas participantes sexan quen de replicar os procesos nas suas organizacións mediante liñas de acción e indicadores de progreso que lles permitirán comunicar o progreso. Ler máis

  


 

Enquisa de Coceta | Necesidades de formación nas cooperativas e outras entidades da economía social

A Confederación de cooperativas de traballo (COCETA) está realizando un estudio de detección de necesidades formativas no sector cooperativo e da economía social, con tal motivo solicitan a colaboración e participación das cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop para recabar información. A participación permite adaptar a planificación da formación conforme ás demandas. Ler máis




Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO