Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 8 de Outubro de 2021 ]
 


ODS: da estratexia ao impacto

A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta un novo módulo formativo dentro do Programa Especializado de Formación Xerencial sobre ‘ODS'. Se buscas coñecer que son os OBXETIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, aplicalos e integralos nos procesos da túa cooperativa ou empresa de economía social esta formación é para ti. Inicio 8 de novembro. Ler máis

 




Novas Cooperativas Socias

Presentamos a novas socias de EspazoCoop. Deixamos a súa referencia para coñecelas, que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo cooperativo, para intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para outras relacións profesionais. Son as cooperativas: Avada - Datasalus - Chuvia e Muíños - Arela Saúde - Asuma - Breogainas - Camiño Circular - Scolé - Enraizando - Aqueladas.  Ler máis

 




Xornada Economía Social | CES Galicia

18 de outubro Santiago de Compostela | O Consello Económico e Social organiza unha xornada sobre a situación actual e o futuro da economía social en Galicia. Empresas, entidades, asociacións, administración e axentes sociais compartirán as súas experiencias sobre o modelo económico. Entre máis dunha ducia de expertas, participarán por EspazoCoop a súa presidenta, Ana Olveira, e a representante no CES, Mar Pernas. A asistencia é libre e aberta na Cidade da Cultura, tamén poderá seguirse a través de Youtube. Ler máis


 




O programa `Economía Social A Coruña´, ofrece formación online sobre empresas cooperativas 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña están desenvolvendo un programa de promoción do cooperativismo e da economía social. Está composto de varias accións e servizos, entre eles un Itinerario Formativo Online con dous cursos:
- "Como poñer en marcha o meu proxecto cooperativo" | 40 h. | Inicio 25 de outubro.
- "Crea e constitúe a túa cooperativa paso a paso" | 40 h. | Inicio 22 de novembro. Ler máis


 

 

Teleformación para impulsar un ecosistema emprendedor na economía social (Concello de Santiago de Compostela)

EspazoCoop en colaboración co Concello de Santiago de Compostela ofrece un programa de tele-formación. A inscrición continúa aberta para o itinerario de cursos que capacitan dende a iniciación cooperativa ata o prototipado dun proxecto cooperativo:
- "Habilidades para o traballo en cooperativa". Inicio 11 de outubro. 20 h.
- "Emprendendo en cooperativa". Inicio 27 de outubro. 20 h.
- "Desenvolvendo a idea cooperativa". Inicio 15 de novembro. 20 h. Ler máis

 




Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO