Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 1 de Outubro de 2021 ]
 


O cooperativismo será protagonista en Donostia do 5 ao 7 de outubro

Unha delegación de EspazoCoop asistirá a próxima semana á Asemblea da Confederación estatal de cooperativas de traballo (Coceta) en Donostia, que acollerá tanto a representantes do sector como a representantes gubernamentais do estado e Europa en diversos actos programados, como a Asemblea de Coceta ou o Premio Denon Artean 2021, que este ano homenaxea a labor da Alianza Cooperativa Internacional (Aci), porén o presidente deste organismo, Ariel Guarco, presenta o libro "Principios cooperativos en acción" Ler máis.

 




O programa `Economía Social A Coruña´, ofrece formación online sobre empresas cooperativas 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña están desenvolvendo un programa de promoción do cooperativismo e da economía social. Está composto de varias accións e servizos, entre eles un Itinerario Formativo Online con dous cursos:
- Como poñer en marcha o meu proxecto cooperativo | 40 h. | Inicio 25 de outubro.
- Crea e constitúe a túa cooperativa paso a paso | 40 h. | Inicio 22 de novembro. Ler máis




 

Teleformación para impulsar un ecosistema emprendedor na economía social (Concello de Santiago de Compostela)

EspazoCoop en colaboración co Concello de Santiago de Compostela ofrece un programa de tele-formación con catro cursos. O primeiro deles destinado a profesionais do emprendemento e a creación de empresas de cara a que se acrediten como axentes formados en cooperativismo e economía social e podan usar os coñecementos no seu día a día. Os tres seguintes destinados á cidadanía interesada en xeral, son un itinerario que capacita dende a iniciación cooperativa ata o prototipado dun proxecto cooperativo:
- Impulsando un sistema emprendedor no cooperativismo e a economía social. Inicio 4 de outubro. 40 h.
- Habilidades para o traballo en cooperativa. Inicio 11 de outubro. 20 h.
- Emprendendo en cooperativa. Inicio 27 de outubro. 20 h.
- Desenvolvendo a idea cooperativa. Inicio 15 de novembro. 20 h. Ler máis

 




Auditoría Social de EspazoCoop 

A Unión de Cooperativas xa conta co Informe anual dos resultados da Auditoría Social "Muéstrate" (exercicio 2020) no marco da campaña de Reas -Rede de economía alternativa e solidaria- 
Ler máis


 




Actividades de promoción da dixitalización en Pemes 

Dende a Oficina Acelera Peme do Instituto Tecnolóxico de Galicia, coa que a Unión de Cooperativas ten un convenio de colaboración, informan de dous servizos cos que contan: Xornadas Formativas para pemes e autómonas/os e Diagnoses de Dixitalización.
Nesta ocasión convidan ás cooperativas socias de EspazoCoop ás xornadas en formato online previstas durante o mes de outubro
.
 Ler máis
 


 




Horario de inverno 

Dende o 1 de outubro en EspazoCoop volvemos ao noso horario de inverno, a atención pública será de luns a xoves de 8.30 a 16.30, e os venres de 8.30 a 15.30.

 


Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO