Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
|
|
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
[ 02 de Xullo de 2021 ]
Día do Cooperativismo Galego 2021
O cooperativismo galego celebra o seu día nas instalacións da cooperativa Aira en Taboada nun acto promovido pola Consellería de Emprego e Igualdade, o sábado 3 de xullo, que tamén se retransmitirá en directo polas redes da canle Eusumo. Os "Premios á Cooperación 2021" recoñecen ás cooperativas Cenlitrosmetrocadrado, Catro Ventos Editora e a Campo Capela.
E o os "Premios do Certame de Cooperativismo no Ensino 2021" a Proxectos Empresariais Cooperativos (modalidade para centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial) recoñeceron co primeiro premio ao Instituto Manuel Antonio de Vigo e co premio accésit ao Colexio Mendiño tamén en Vigo.
Parabéns a todas!! e especialmente ás nosas socias de Vigo, Catro Ventros Editora e Colexio Mendiño por estes premios que poñen en valor o seu traballo e ás cooperativas de Galicia.
Ler máis
RECONSTRUÍR MELLOR XUNTAS
Declaración do Cooperativismo do estado con motivo do Día do Cooperativismo
Con motivo da celebración do Día Internacional das Cooperativas #CoopsDay, que a Alianza Cooperativa Internacional (ACI) dedicou ao tema “Reconstruír mellor xuntas”, as cooperativas de do estado, nun exercicio de intercooperación, lanzan un chamamento conxunto desde o cooperativismo como a ferramenta máis eficaz para a reconstrución económica e social do país: para que os valores que caracterizan ás empresas cooperativas -a axuda mutua, a responsabilidade, a democracia, a igualdade, a equidade e a solidariedade- asenten os piares dunha sociedade que salga fortalecida e mellor en todos os sentidos tras a pandemia. O éxito estará garantizado, se a preocupación central polas persoas, se a honestidade, transparencia, responsabilidade social e preocupación polos demais (eixos vertebradores do código ético cooperativista), impregnan o esforzo colectivo que debemos afrontar nos próximos meses e anos. Ler máis
[ Formación especializada online ]
Como innovar?: recursos e estratexias
Inicio 6 de xullo | Organizamos o curso de teleformación "Como innovar?: Recursos e estratexias" (20 horas) co que poderedes innovar na vosa empresa cooperativa ou de economía social e análizar procesos da Proposta de Valor do proxecto, introducción o Deseño de Modelos de Negocio (Lean startup), abordando a Colaboración para innovar e tratanto Técnicas e Metodoloxías de innovación (Design thinking…). Ademais coñeceredes Boas Prácticas e a Ximnasia Creativa. A docencia será a cargo da experta consultora Xeneme. Ler máis
Pont Up Store 2021 - Evento de emprendemento -
Candidaturas ata 4 de xullo | Proceso exprés para participar no Pont-Up Store 2021 -Espazo de Emprendemento- que se celebrará os días 24 e 25 de setembro en Pontevedra, dirixida a emprendementos que se puxeron en marcha en plena pandemia (entre 2019 e 2021). Ler máis
Xerminadoiro Social - 5ª edición
Candidaturas ata 18 de xullo | Concurso de Innovación para a Transición Enerxética. Som Energia e Coop57 cooperan e están comprometidas polo cambio de modelo enerxético e social. Por este motivo presentan Xerminadoiro Social, un concurso para estimular a creación de modelos sociais innovadores co obxetivo de promover novos axentes locais para a transición enerxética. A 5ª edición do concurso consta de dúas categorías: Proxectos de Comunidades Enerxéticas e Proxectos de Pobreza Enerxética. Se estás desenvolvendo un proxecto dentro da economía social e solidaria nun destos ámbitos ou se tes ganas de desenvolvelo, este concurso é para ti!
Ler máis
Programación formativa de EspazozoCoop [ Xullo ]
A programación formativa da Unión de Cooperativas para o mes de Xullo continúa cos procesos de inscrición abertos para novos cursos. Trátase de formación gratuíta, nas modalidades presencial e teleformación. O primeiro curso forma parte do Programa 'Muller a Cooperativa é para Ti', que está previsto que se realice en Sada.
- Muller, lánzate a emprender en cooperativa | 20 h. | Presencial | En Sada | Programa Muller a cooperativa é para ti | Inicio 6 de xullo
- Formación comercial: coopera, comunica e vende | 20 h. | Teleformación | Inicio 14 de xullo
-
Pílula formativa: 'Economía e Finanzas' | 5 h. | Teleformación | Inicio 26 de xullo. Ler máis
Programa Colectivos: "A Solución é Cooperativa"
A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta o Programa Colectivos “A Solución é Cooperativa” que está conformado como un itinerario formativo de dous obradoiros presenciais no Concello de Porto do Son para os que a inscrición xa está aberta:
- Emprendendo en cooperativa | 20 h. | Inicio 3 de agosto 2021.
- Habilidades para o traballo en equipo en coooperativas | 20 h. | Inicio 6 de setembro 2021.
O programa achegará formación e acompañamento sobre a fórmula cooperativa a colectivos e persoas en risco de exclusión social, entendida esta como un proceso de perda de integración ou participación das persoas na sociedade e en diferentes ámbitos económicos, políticos e sociais, que afecta en distintos niveis e por distintas circunstancias, cada vez a máis xente. Ler máis
Asóciate!
Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149
|
|