Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
|
|
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
[ 16 de Xullo de 2021 ]
O presidente da Xunta respalda a petición do Foro e apoia a creación dun clúster galego de Economía Social
O primeiro dos Cafés con Aroma a Economía Social, tivo lugar esta semana, un evento organizado polo Foro pola Economía Social Galega (Foroesgal) que tivo como ponente desta edición ao presidente de Cajamar, o lucense Eduardo Baamonde. O presidente do goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo clausurou o acto no que participou a presidenta de EspazoCoop. Ler máis
Practica a Mellora Comercial
[ Encontros ]
Xoves 22 de xullo de 9.30 a 11.30, online | Dentro das actividades do Programa #SaímosCooperando (mentoring para cooperativas) realizamos un Encontro sobre aspectos que contribuirán a mellorar comercialmente ás participantes. Ademais de favorecer o networking, a intercooperación e a creación de comunidade e redes. Ler máis
[ Curso ] Organizacións Transformadoras
Unha mirada dende a facilitación e xestión de grupos
Do 14 ao 28 de Setembro, tele-formación. Inscrición aberta. Organizamos este curso de formación especializada co que poderedes mellorar os Procesos de Traballo na vosa cooperativa ou empresa de economía social, acadaredes maior eficiencia na consecución dos resultados e no benestar das persoas: facilitación de grupos e equipos, novos liderados, e xestión do conflito, serán as temáticas da acción. Contaremos con docencia experimentada, da man de Rexenerando s. coop. galega.
Ler máis
[ Curso ] Cooperativas de Plataforma Xa!
Promovendo a economía dixital cooperativa a través dunha verdadeira economía colaborativa
Inicio Setembro 2021, Pre-inscrición aberta | Se te interesa deseñar e lanzar unha cooperativa de plataforma, ou en transformar a túa empresa a este modelo, apúntate á 3ª edición do curso "Cooperativas de Plataforma Xa!". Máis de 800 persoas de 48 países participaron nas anteriores edicións do programa. Con este curso aprenderás a incubar unha Cooperativa de Plataforma Dixital. Paralelamente esta formación promove estratexias de construcción de "poder cooperativo" nas plataformas dixitais dentro da Economía Dixital. Aprenderás sobre o capitalismo de plataforma, a economía dos gig e a economía dixital cooperativa.
A Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora xunto a Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez neste curso da Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy co Instituto para a Economía Dixital Cooperativa de The New School (Nova York) Ler máis
III Plan de Rescate da Xunta de Galicia
NOVO prazo 30 de setembro | Axudas ás persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través de tres programas.
Ler máis
Programación formativa de EspazozoCoop [ Xullo ]
A programación formativa da Unión de Cooperativas para o mes de Xullo está finalizando a súa programación, quédanos por iniciar unha última actividade neste mes. Trátase de formación gratuíta en modalidade teleformación.
- Pílula formativa: 'Economía e Finanzas' | 5 h. | Teleformación | Inicio 26 de xullo. Ler máis
Asóciate!
Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149
|
|