Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 25 de Xuño de 2021 ]
 


Cooperativas de Plataforma Xa! 

Se estás interesada/o en deseñar e lanzar, ou en transformar a túa empresa en cooperativa de plataforma, apúntate á 3ª edición do Curso Cooperativas de Plataforma Xa!. Máis de 800 persoas de 48 países participaron nas anteriores edicións do programa. A seguinte edición comeza o 30 de Agosto, a preinscrición está aberta.
A Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora xunto
a Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez neste curso da Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy co Instituto para a Economía Dixital Cooperativa de The New School (Nova York) Ler máis


 




[ Encontros entre Cooperativas  ] 
Comparte necesidades de Financiamento. Que opcións de finanzas temos? 

Mércores 30 de Xuño. | Un encontro online para coñecer necesidades de financiamento das empresas cooperativas e de economía social participantes, e mostrar as opcións e solucións financeiras que a economía social nos ofrece. Dende a banca con Fiare Banca Ética, a cooperativa de servizos financeiros Coop57 Galicia, ou métodos colaborativos como Goteo. Todos ao servizo dunha economía centrada nas persoas e no coidado do medio ambiente. Ler máis

 




Convenio Colectivo do Ensino, sostido total ou parcialmente con fondos públicos

[ Sectorial de Ensino de EspazoCoop]  O luns 21 de xuño de 2021 asinouse o VII Convenio Colectivo do Ensino sostido total ou parcialmente con fondos públicos, dos cales a FEDACES –Federación de de Centros de Ensino de Economía Social– é parte asinante, despois dun proceso negociador complicado pola crise xerada polo Covid19 e a situación irregular que por iso se viviu nos centros educativo. 
Nese sentido as organizacións patronais e sindicais realizaron unha manifestación de apoio aos centros ante a difícil situación xerada pola pandemia e o gran labor desempeñado polo persoal dos centros, o alumnado, as familias e os titulares dos centros. 
Ler máis

 




Como innovar?: recursos e estratexias

Inicio 6 de xullo | Organizamos o curso de teleformación "Como innovar?: Recursos e estratexias" co que poderedes innovar na vosa empresa cooperativa ou de economía social e análizar procesos da proposta de valor do proxecto, introducción o deseño de modelos de negocio (lean startup), abordando a colaboración para innovar e tratanto técnicas e metodoloxías de innovación (design thinking…).  Ademais coñeceredes boas prácticas e a ximnasia creativa. A docencia será a cargo da experta consultora Xeneme. Ler máis

 




Programación formativa de EspazozoCoop [ Xullo ]

A programación formativa da Unión de Cooperativas para o mes de Xullo abriu os procesos de inscrición para 4 novos cursos. Trátase de formación gratuíta, nas modalidades presencial e teleformación.
Os dous primeiros cursos forman parte do Programa 'Muller a Cooperativa é para Ti', que está previsto que se realice en Sada e inician xa a finais deste mes de Xuño:

  • Habilidades e competencias para o traballo en equipo | 20 h. | En Sada | Programa Muller a cooperativa é para ti | Inicio 29 de xuño
  • Muller, lánzate a emprender en cooperativa | 20 h. | En Sada | Programa Muller a cooperativa é para ti | Inicio 6 de xullo
  • Formación comercial: coopera, comunica e vende | 20 h. | Inicio 14 de xullo
  • Pílula formativa: 'Economía e Finanzas' | 5 h. | Inicio 26 de xullo. Ler máis
 

 




Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis



 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO