Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 4 de Febreiro de 2022 ]
 



Web de convocatorias do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia



Esta semana deuse a coñecer unha nova Páxina do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A web do Plan de Recuperación publica o calendario de convocatorias para os próximos seis meses, de xaneiro a xuño de 2022. O Goberno incorporou un novo apartado á páxina web do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, no que informará con antelación das convocatorias previstas para o próximos seis meses. Ler máis




Kit Dixital: unha axuda para a dixitalización 
[ Webinar sobre as Axudas Kit Dixital, 8 febreiro 2022, ás 10 h. ]




Dende o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), co que a Unión de Cooperativas mantén un Convenio de Colaboración, chega un convite para as cooperativas socias de EspazoCoop, animando a participar no novo ciclo de charlas previstas para os meses de Febreiro e Marzo.
Teñen o obxetivo de dar a coñecer máis sobre o programa de axudas Kit Dixital e tecnoloxías en auxe na actualidade.
No primeiro dos webinar, o 8 de febreiroexplicarán en que consite o programa Kit Dixital, como poden acceder ao bono as pemes, cales son as solucións a implantar e como participar como axente dixitalizador. Asistencia gratuíta previa inscrición. Ler máis




Vídeo: Simbiosis s. coop. galega
Servizos de formación no sector alimentario



Hoxe na nosa Campaña de difusión de cooperativas do Concello da Coruña: Simbiosis, que ofrece Servizos de Formación no sector alimentario principalmente. Falan Inés Carreira e Ana María Chas, socias desta cooperativa, que nos presentan a súa empresa e nos contan por que elixiron o modelo cooperativo.
[Esta iniciativa fai parte do convenio de colaboración entre EspazoCoop e o Concello da Coruña para o fomento do cooperativismo e a economía social]. Vídeo de SIMBIOSIS s. coop. galega neste enlace




Coñece ás novas asociadas da Unión de Cooperativas
 

Presentamos as primeiras asociadas a EspazoCoop en 2022. Deixamos a súa referencia para coñecelas, que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para outras relacións profesionais. Son as cooperativas:
Uf Negra Sombra - Sacauntos - Proyectos y Obras Chamomar - Mala Herba Producións - Leirantas - Charlatana - A Milpa do Salnés - Ás do Social - Val de Muíños
Ler máis


 


O futuro da comunicación na economía social e solidaria



10 de febreiro
2022 ás 17.30 h. | Charla online organizada pola cooperativa Freepress para compartir prespectivas e expectativas falando sobre o futuro da comunicación na economía social e solidaria no estado. Conversación con profesionais do sector para dilucidar como se presenta 2022, tecer alianzas e reforzarnos como alternativa de consumo. Con invitadas de Labox, La Osa Coop, La Corriente e Grupo Tangente. Ler máis

 

 

Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO