Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
|
|
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
[ 28 de Xaneiro de 2022 ]
Curso "ODS da Estratexia ao Impacto"
[ tele-formación, inicio 7 febreiro 2022, 15 horas ]
Animámoste a participar en "ODS da Estratexia o Impacto" !
Curso online impartido por Alén, cooperativa experta en economía circular, con catro sesión virtuais de aprendizaxe nas que contarán con varias convidadas, como a sesión prevista para o dez de febreiro, con Ibone Antero de Mondragón Corporation que falará sobre a implantación dos ODS nas cooperativas como factor de competitividade.
Cada vez son máis as organizacións que están auditando a súa situación con respecto aos Obxetivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) para sentar as bases da Axenda 2030. Aquelas máis comprometidas e máis sensibilizadas con esta necesidade internacional serán as mellor posicionadas para levar a cabo melloras necesarias no modelo de xestión e nas infraestruturas actuais.
Contar cun plan de acción en ODS na vosa cooperativa ou empresa de economía social ten Vantaxes: contribúe á mellora da reputación, ao aforro de custos, incrementa a confianza da túa clientela, aumenta posibilidades de acceder a Contratos Públicos ou a novos mercados, contribúe a xerar novas alianzas con novos actores...
Esta formación que ofrece EspazoCoop propiciará que as participantes analicen como están contribuíndo ou como poden contribuír aos ODS da Axenda 2030, apostando polo seu impulso e implementación na organización. Ler máis
Vídeo: Shantavira s. coop. galega
Hoxe na nosa Campaña de difusión de cooperativas do Concello da Coruña: Shantavira, un Centro de Autocoidados e Sostibilidade. Falan Vanessa e Concha, as socias desta cooperativa presentan o seu proxecto profesional e nos contan por que elixiron o modelo cooperativo.
Esta iniciativa está no marco do convenio de colaboración para o fomento do cooperativismo e a economía social de EspazoCoop e o Concello da Coruña.
Vídeo: SHANTAVIRA s. coop. galega, neste enlace
Premio "Fomento do Emprendemento Cooperativo na Escola"
Inscrición ata 31 de xaneiro | 5ª Edición do certame dirixido ao Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria e formación profesional que estén cursando estudios en Cooperativas de Ensino, un premio no marco do acordo de colaboración asinado entre o Grupo Cooperatio Gajamar e a Unión Española de Cooperativas de Ensino. As Escolas Cooperativas poden inscribirse ao Premio ata o 31 de xaneiro de 2022, posteriormente, ata o 16 de maio poderanse enviar os Proxectos.
Ler máis
Dispoñible a ferramenta de autodiagnose "Observatorio ODS" para cooperativas de traballo
A Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado -Coceta- lanzou publicamente o Portal Observatorio ODS, aberto a todas as empresas cooperativas a través do que poderán mellorar a integración da Axenda 2030 no seu proxecto, a consecución dos 17 Obxetivos de Desenvolvemento Sostible, e reportar á sociedade os seus progresos. Ler máis
Vídeo Observatorio ODS.
Asóciate!
Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149
|
|