Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 5 de Novembro de 2021 ]
 



Preséntase o Plan Estratéxico 2022-2025 de EspazoCoop

A Unión de Cooperativas EspazoCoop, co respaldo da Asemblea, aprobou a Planificación Estratéxica prevista para os próximos 4 anos. A "folla de ruta" elaborada promoverá o cooperativismo na nosa comunidade e afrontará os retos do proxecto da Unión. Ler máis




Agaca e EspazoCoop lanzan 11 solicitudes a institucións públicas e privadas

As organizacións representativas do movemento cooperativo galego a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias e a Unión de Cooperativas EspazoCoop celebraron un acto conxunto de visibilización do cooperativismo e asinaron a Declaración de Santiago de Compostela 2021 “As cooperativas, motor dunha recuperación máis social, sostible e participativa”. Invertiron representantes de confederacións nacionais de diversos ámbitos cooperativos e de institucións autonómicas e europeas. Ler máis

 




Curso: "ODS: da estratexia ao impacto"

ÚLTIMAS PRAZAS, inicio 8 de Novembro | A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza unha formación sobre os ‘ODS'. ¿Queres identificar, estructurar, amplificar e comunicar o impacto social, económico e ambiental da túa entidade? Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) constitúen unha guía que permite ás empresas e ás cooperativas identificar o seu impacto e adquirir un compromiso de cara un desenvolvemento sostible, xusto e compartido. Da man de persoas expertas, casos prácticos e contido actualizado, no curso aprenderemos a integrar os ODS na estratexia de negocio. Ler máis

  




Xornada "As Cooperativas de Ensino e o seu papel na Axenda 2030"
 

15 de Novembro, modalidades: Online e presencial en Madrid | Sectorial de Ensino - EspazoCoop | A Unión española de cooperativas de ensino (UECoE) organiza esta xornada co obxetivo de difundir a Axenda 2030, sensibilizar e concienciar sobre os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) dende a perspectiva das Cooperativas de Ensino, tamén coñecer experiencias e boas prácticas que se veñen desenvolvendo nos centros. Consulta o Programa aquí. Inscrición neste enlace ata o 10 de novembro.
Actividade no marco do Convenio de colaboración en materia de Formación Permanente do Profesorado entre o Ministerio de Educación y Formación Profesional e UECoE 2021.





[Novembro] Formación Online sobre empresas cooperativas

EspazoCoop imparte dous cursos online en Novembro, no marco de programas de colaboración con concellos de Galicia: 
- "Desenvolvendo a idea cooperativa". 20 horas. Inicio 15 de Novembro (en colaboración co Concello de Santiago de Compostela). Ler máis
- "Crea e constitúe a túa cooperativa paso a paso". 40 horas. Inicio 22 de Novembro (en colaboración co Concello da Coruña). Ler máis

 

Enquisa de Coceta | Necesidades de formación nas cooperativas e outras entidades da economía social

A Confederación de cooperativas de traballo (COCETA) está realizando un estudio de detección de necesidades formativas no sector cooperativo e da economía social, con tal motivo solicitan a colaboración e participación das cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop para recabar información. A participación permite adaptar a planificación da formación conforme ás demandas. Ler máis




Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO