Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 09 de Xullo de 2021 ]
 


EspazoCoop participou no acto do Día Cooperativismo Galego na sede da cooperativa Aira

O sábado 3 de xullo tivo lugar o evento de celebración do Día do Cooperativismo Galego "Reconstruír Mellor Xuntas", acollido por Aira s. coop. galega, e promovido dende a Consellería de Emprego e Igualdade. A presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Ana Olveira, participou no acto no que se entregaron os Premios ao Cooperativismo e os Premios aos Proxectos Empresariais Cooperativos no Ensino 2021. Ler máis

Gala do Día do Cooperativismo Galego (Grabación en Youtube), neste enlace



 




Practica a Mellora Comercial
[Encontros entre Cooperativas] 

Mércores 14 de xullo de 9.30 a 11.30, online | Dentro das actividades do Programa #SaímosCooperando (mentoring para cooperativas) realizamos un novo Encontro sobre aspectos que contribuirán a mellorar comercialmente ás participantes. Ademais de favorecer o networking, a intercooperación e a creación de comunidade e redes. Ler máis

 




"En Cooperativa"
Promovendo un emprendemento máis democrático


"En Cooperativa" é un Itinerario para potenciar o emprendemento cooperativo nos Centros de Ensino Secundario de Galicia no curso 2021-2022. Está conformado por tres etapas progresivas: seminario Sensibilización Cooperativa, taller En Cooperativa, e Plan de Empresa Cooperativo.
As actividades son gratuítas para os centros participantes, trátase dun programa Poises (Programa operativo de inclusión social e economía social) financiado polo Fondo Social Europeo e convocado por Cepes. Ler máis

 



 

Curso: Cooperativas de Plataforma Dixital

Inicio 30 de agosto, preinscrición aberta | Se te interesa deseñar e lanzar unha cooperativa de plataforma, ou en transformar a túa empresa, apúntate á 3ª edición do curso "Cooperativas de Plataforma Xa!". Máis de 800 persoas de 48 países participaron nas anteriores edicións do programa. Con este curso aprenderás a incubar unha Cooperativa de Plataforma Dixital. Paralelamente esta formación promove estratexias de construcción de "poder cooperativo" nas plataformas dixitais dentro da Economía Dixital. Aprenderás sobre o capitalismo de plataforma, a economía dos gig e a economía dixital cooperativa. 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora xunto a Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez neste curso da Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy co Instituto para a Economía Dixital Cooperativa de The New School (Nova York) Ler máis


 




III Plan de Rescate da Xunta de Galicia

Prazo 14 de xullo | Axudas ás persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través de tres programasLer máis


 


Programación formativa de EspazozoCoop [ Xullo ]

A programación formativa da Unión de Cooperativas para o mes de Xullo continúa cos procesos de inscrición abertos para os vindeiros cursos. Trátase de formación gratuíta en modalidade teleformación.
Formación Comercial: coopera, comunica e vende | 20 h. | Teleformación | Inicio 14 de xullo
Pílula formativa: 'Economía e Finanzas' | 5 h. | Teleformación | Inicio 26 de xullo. Ler máis

 




Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis



 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO