Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 10 de Setembro de 2021 ]
 


A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello de Santiago colaboran nun programa de impulso da economía social

Esta semana presentouse o programa "Impulsando un Ecosistema Emprendedor na Economía Social", froito dun convenio de colaboración entre EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela.
Está conformado por 4 actividades formativas gratuítas en liña que se destinan a distintos colectivos e a profesionais do emprendemento e a creación de empresas. Inicio 4 de outubro.
Ler máis - Programa


 




#SaímosCooperando
[ Encontros entre cooperativas ] 

Xoves 16 de setembro de 9.30 a 11.30, online | Dentro das actividades do Programa #SaímosCooperando -mentoring para cooperativas- realizamos a Sesión Final do programa, avaliaremos o proceso de mentoring e compartiremos temas e recursos de axuda na xestión empresarial cooperativa. Ler máis

 



 

"En Cooperativa"
Promovendo un emprendemento máis democrático no Ensino Secundario, FP e Bacharelato, curso 2021-2022


"En Cooperativa" é un Itinerario Formativo gratuíto para potenciar o emprendemento cooperativo nos Centros de Ensino Secundario de Galicia no curso 2021-2022
Está conformado por tres etapas progresivas: seminario Sensibilización Cooperativa, taller En Cooperativa, e Plan de Empresa Cooperativo.
Lembra que as actividades son gratuítas para os centros participantes, trátase dun programa Poises (Programa operativo de inclusión social e economía social) financiado polo Fondo Social Europeo e convocado por Cepes. Ler máis

 




Culturgal 2021 

| Participación na Programación |
Ata 15 de Setembro!. A Feira das Industrias Culturais de Galicia celébrase a finais de Novembro, o prazo para presentar propostas na Programación está a piques de finalizar. Se es unha cooperativa do sector cultural, participa na selección da programación 2021. Ler máis


 




Acciones formativas EspazozoCoop [ Setembro ]

A programación formativa da Unión de Cooperativas para o mes de Setembro aínda ten os procesos de inscrición abertos, conta con seguintes obradoiros gratuítos en modalidades tele-formación e presencial:

- Formación comercial: coopera, comunica e vende | Teleformación | 20 h. | Inicio 13 de setembro.
Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas | Dentro do Programa Colectivos “A Solución é Cooperativa” | Presencial (Porto do Son) | 20 h. | Inicio 21 de setembro.
Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas | Dentro do Programa “Muller a Cooperativa é para Ti” | Presencial (Sada)  | 20 h. | Inicio 20 de setembro. Ler máis

 




Organizacións Transformadoras
Unha mirada dende a facilitación e xestión de grupos


ÚLTIMOS DÍAS DE INSCRICIÓN! | Do 14 ao 28 de Setembro, tele-formación. Formación especializada de EspazoCoop coa que poderedes mellorar os Procesos de Traballo na vosa cooperativa ou empresa de economía social, acadaredes maior eficiencia na consecución dos resultados e no benestar das persoas:
- Facilitación de Grupos e Equipos
- Novos Liderados
- Xestión do Conflito
serán as temáticas que abordará este curso.Contaremos con docencia experimentada, da man de Rexenerando s. coop. galega. Ler máis

 




Dixitaliza: Novo servizo de Nakeep s. coop. galega

Nakeep, unha das nosas socias, presentan unha nova liña de actividade na cooperativa: Dixitaliza, un servizo de Marketing Dixital e Solucións Web para os negocios. Ler máis


 


Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO