Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 14 de Xaneiro de 2022 ]
 



"ODS: da estratexia ao impacto"
[ Programa de formación xerencial ]

Tele-Formación sobre os "ODS" do 7 ao 21 de Febreiro de 2022 organizada por EspazoCoop. ¿Queres identificar, estruturar, e comunicar o impacto social, económico e ambiental da túa entidade?. Os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) constitúen unha guía que permite ás empresas e ás cooperativas identificar o seu impacto e adquirir un compromiso de cara a un desenvolvemento sostible, xusto e compartido. Da man de persoas expertas (Alén s. coop. galega) presentaranse casos prácticos e contido actualizado, no curso aprenderemos a integrar os ODS na estratexia de negocio. Ler máis

  




A Milpa do Salnés está en campaña de avais: á procura de financiamento de Coop57 

Queres ser parte das garantías dun proxecto no Rural? A cooperativa A Milpa do Salnés inicia unha Campaña de recollida de avais, busca con elo acceder a  financiamento para o seu proxecto profesional a través da solicitude dun préstamo a Coop57. Financiamento para gastos e investimentos do proxecto de "Producción de grao e sementes de millo autótono galego, usando técnicas ecolóxicas no Val do Salnés. Coop57 é unha entidade de servizos financeiros que ofrece un tipo de finanzas éticas, con maior implicación social que apoia proxectos da economía social, como A Milpa do Salnés S. Coop. Galega. Ler máis




Premio "Fomento do Emprendemento Cooperativo na Escola", 5ª edición

Un certame dirixido ao alumnado de 3º e 4º de educación secundaria e formación profesional que estén cursando estudios en Cooperativas de Ensino, un premio no marco do acordo de colaboración asinado entre o Grupo Cooperatio Gajamar e a Unión Española de Cooperativas de Ensino. As Escolas Cooperativas poden inscribirse ao Premio ata o 31 de xaneiro de 2022 (posteriormente, ata o 16 de maio poderanse enviar os Proxectos). Ler máis




Vídeo: A Tobeira s. coop. galega
[Casos cooperativos da Coruña]


Iniciamos campaña de visibilización e divulgación de nove casos de empresas cooperativas do Concello da Coruña a través de pequenos vídeos. Mostraremos semana a semana cooperativas que están funcionando, falan en primeira persoa as protagonistas, as socias, presentan o seu proxecto profesional e nos contan por que elixiron o modelo cooperativo.
Esta iniciativa está dentro dun convenio de colaboración para o fomento do cooperativismo e a economía social co Concello da Coruña.
Vídeo A Tobeira s. coop. galega, neste enlace



 

Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO