Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 19 de Novembro de 2021 ]
 



Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil, 10ª edición

[ Sectorial de Ensino - EspazoCoop ] A Unión de Cooperativas EspazoCoop colabora na organización do décimo "Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil", impulsado pola cooperativa de ensino Colexio Alborada de Vigo e o Institut el Cairat de Barcelona. Terá lugar o 26 de Novembro no Hotel Coia de Vigo e poderá seguirse por streaming. No Foro serán presentados 28 Traballos de Investigación de 97 alumnas e alumnos de 10 centros de Galicia e Cataluña. Ler máis



Formación Online sobre empresas cooperativas [ Novembro ]  

EspazoCoop imparte o seguinte curso online, no marco dun programa de colaboración con Concello da Coruña: "Crea e constitúe a túa cooperativa paso a paso". 40 horas. Inicio 22 de Novembro (en colaboración co Concello da Coruña). Ler máis




Convite ás socias para participar no Stand de Coceta no Congreso Cooperativo Mundial 2021 (1-3 decembro - Seul)

A Confederación de Cooperativas de Traballo Asociado estatal (Coceta), da que Espazo é membro asociado, contará cun Stand no 33º Congreso Cooperativo Mundial da ACI que se celebrará do 1 ao 3 de decembro en Seul (República de Corea). Con tal motivo Coceta convida ás cooperativas socias das organizacións territoriais a ter presenza no Stand (mediante material promocional). Consideran que é unha oportunidade para que produtos realizados por cooperativas de traballo de todo o estado teñan unha proxección internacional, posto que pasarán polo Stand visitas de representantes que xa anunciaron a súa presenza no Congreso.  As cooperativas socias interesadas, contactade con Coceta e enviarlle: Nome da cooperativa, Páxina web na que aparezan os produtos (realizarán un código QR) , Flyers, ou Vídeos de curta duración, e indicación de que sodes cooperativa asociada á Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, ata o mércores 24 de Novembro ás 12 horas ao correo confederacion@coceta.coop (Paloma Arroyo), poñendo en copia a EspazoCoop.


 


Vídeo: xornada 'Economía Social' - CES Galicia

Dispoñible o vídeo da xornada Economía Social, organizada polo CES Galicia o pasado 18 de Outubro, na que participou a Unión de Cooperativas EspazoCoop entre outras organizacións da economía social: CES España, Cepes, Foro pola Economía Social Galega; Cegasal; Cecop; Federación de Confrarías de pescadores de Lugo; Aeiga; CIG; Comisións Obreiras; Uxt; e Dirección xeral de emprego, traballo autónomo e economía social (Xunta de Galicia).
Vídeo 1ª parte - Vídeo 2ª parte


 




Xornadas de emprendemento social e rexenerativo [ Cooperativa Medatlantia ]

A nosa socia, Medatlantia Consultoría Europea, S. Coop. Galega, convida a participar nas Xornadas de "Emprendemento Social" e "Emprendemento Rexenerativo" organizadas polo Concello da Coruña e nas que estan a colaborar, previstas para os días 29 e 30 de Novembro. Ditas xornadas abordarán temáticas relacionadas coas diferentes realidades do emprendemento, as redes que o compoñen e o impacto da economía circular á hora de emprender. Ler máis

  



 

Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO