Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador |
|
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
[ 11 de Febreiro de 2022 ]
Dispoñibles os vídeos da Declaración de Santiago de Compostela 2021
"Cooperativas motor dunha recuperación máis social, sostible e participativa"
A finais do pasado ano as Presidentas de Agaca, Carmen Rodríguez, e de EspazoCoop, Ana Olveira, asinaban a Declaración de Santiago de Compostela nun acto no Museo do Pobo Galego para visibilizar o cooperativismo en Galicia. Trátase dunha declaración de principios e compromisos na que lanzan 11 demandas a institucións públicas e privadas.
“As cooperativas, motor dunha recuperación máis social, sostible e participativa” incide no peso do cooperativismo en Galicia, formado por 1.500 cooperativas activas cun constante e progresivo crecemento, incrementado nos anos de crise económica e con grande capacidade de adaptación ao entorno e con implantación en todos os sectores económicos e actividades sociais, culturais, asistenciais e humanistas.
A Asociación galega de cooperativas Agroalimentarias e a Unión de Cooperativas EspazoCoop estiveron acompañadas por representantes de organizacións estatais do cooperativismo e representantes da administración galega e europea que amosaron o seu apoio á economía cooperativa. Ler máis.
Vídeo resumo. Vídeo completo.
Medrando Xuntas
Talento feminino na economía social de Galicia
Dentro de dez días remata o prazo de inscripción da 6ª edición do programa formativo gratuíto Medrando Xuntas, incluído na Estratexia Galega de Economía Social da Xunta de Galicia. É unha oportunidade para promocionar o talento das mulleres nas entidades de economía social da nosa comunidade. O programa conta con dous itinerarios diferentes:
- Medrando Xuntas directivas: para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección.
- Medrando Xuntas socias: para socias e traballadoras.
A formación terá lugar durante o primeiro semestre deste ano en modalidade mixta: presencial (se a situación sanitaria o permite) e dixital a través da plataforma ZOOM, permitindo o desenvolvemento de habilidades dixitais. Tamén contará con titorías online individuais para a mellora do desenvolvemento profesional das participantes. Ao finalizar o programa, celebrarase o V Foro participativo, que estará aberto ás mulleres da economía social galega. Prazo: 21 de Febreiro. Ler máis
Vídeo: Arabías s. coop. galega
Investigación, intervención socioeducativa, e xénero
Seguimos en Campaña de difusión de casos de cooperativas do Concello da Coruña. Hoxe presentámosche a Arabías, unha das nosas asociadas, que traballan no ámbito das políticas públicas de igualdade e en ámbitos socioeducativos. Tania Merelas e Beatriz López fálannos do enfoque da súa empresa e poñen en valor o modelo cooperativo elixido para facelo posible.
[Esta iniciativa fai parte do convenio de colaboración entre EspazoCoop e o Concello da Coruña para o fomento do cooperativismo e a economía social].
Vídeo de ARABÍAS s. coop. galega neste enlace
Asóciate!
Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia.
Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149
|
|