Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 24 de Setembro de 2021 ]
 


ODS e empresa. Unha aposta de futuro

A Unión de Cooperativas EspazoCoop en colaboración coa Deputación de Pontevedra realizan o obradoiro "ODS e empresa" o próximo martes 29 de Setembro de 16 a 20 h. (vía Streaming), para dar a coñecer e fomentar a aplicación práctica dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) nas pemes e cooperativas, e saber como as empresas poden contribuír á consecución dos ODS e da Axenda 2030 ao tempo que crean oportunidades e riqueza para si. Inscrición aberta.  Ler máis

 




As Casas do Maior emprenden en cooperativa 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop está acompañando e apoiando a creación de cooperativas que operarán como Casas do Maior no Rural galego, un asesoramento realizado dentro do convenio de colaboración coa Deputación da Coruña. 
Esta semana a Conselleira de Política Social visitou a Casa do Maior Colaxe (unha das catro cooperativas que abrirán como Casas do Maior). Ler máis


 

 

 

Programa de tele-formación para impulsar un ecosistema emprendedor na economía social (Concello de Santiago de Compostela)

O programa que ofrece EspazoCoop en colaboración co Concello de Santiago de Compostela consta de catro cursos online, o primeiro deles destinado a profesionais do emprendemento e a creación de empresas de cara a que se acrediten como axentes formados en cooperativismo e economía social e podan usar os coñecementos no seu día a día. Os tres seguintes destinados á cidadanía interesada en xeral, son un itinerario que capacita dende a iniciación cooperativa ata o prototipado dun proxecto cooperativo.

- Impulsando un sistema emprendedor no cooperativismo e a economía social. Inicio 4 de outubro. 40 h.
- Habilidades para o traballo en cooperativa. Inicio 11 de outubro. 20 h.
- Emprendendo en cooperativa. Inicio 27 de outubro. 20 h.
- Desenvolvendo a idea cooperativa. Inicio 15 de novembro. 20 h. Ler máis

 




Recuperación de negocios en crise e sen remuda xeracional, mediante cooperativa ou empresas de economía social

Prazo de solicitude: 30/09/21. Dende EspazoCoop axudámoste a dar o paso. Axudas por transformarse en cooperativas ou noutras fórmulas de economía social. Cal é o obxeto destas subvencións? apoiar a recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional mediante fórmulas de economía social, destinadas a impulsar a actividade económica e a remediar a grave perturbación que provocou a COVID-19 na economía galega. Ler máis

 




Actividades de promoción da dixitalización en Pemes 

Dende a Oficina Acelera Peme do Instituto Tecnolóxico de Galicia informan de dous servizos cos que contan: Xornadas formativas para pemes e autómonas/os e Diagnoses de dixitalización. Nesta ocasión convidan ás cooperativas socias de EspazoCoop ás xornadas en formato online previstas proximamente, durante os meses de setembro e outubro. Ler máis
 


 





Pont Up Store 2021. Espazo de Emprendemento 

24 e 25 de Setembro, en Pontevedra e en Dixital | A 7ª edición de Pont Up Store xa está aquí, unha iniciativa aberta á cidadanía cuxo obxetivo é o apoio ao emprendemento e o incremento da cultura emprendedora na sociedade. Un evento multisectorial con proxectos que proveñen de múltiples sectores de actividade tanto do ámbito urbano como do rural con gran calidade contrastada derivada dun proceso de selección de candidaturas recibidas cada edición.
Este ano tamén están presentes as empresas cooperativas, como Creativas Galegas ou A Factoría do Lume entre moitos máis proxectos. Ler máis

 


Mostra do Posible 

25 e 26 de Setembro, Cangas | A Mostra do Posible é un econtro de entidades da Economía Solidaria e dos Movementos Sociais Galegos. Existen propostas alternativas, ecolóxicas, democráticas e xustas para cada un dos ámbitos da nosa vida. Achégate o 25 e 26 de setembro á Alameda Nova de Cangas e coñéceas!. Participarán algunhas cooperativas socias da Unión, como Nosa Enerxía e Catro Ventos, así como Reas Galicia, entidades das finanzas éticas, entre outras. 
Ler máis

 


Asóciate! 

Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO